
Con esta normativa preténdese regular unha situación na que se atopan moitas persoas traballadoras e que se elevou de xeito considerable por mor das medidas de contención sanitarias derivadas da COVID-19, aínda que a lei non vai dirixida a estas persoas traballadoras*.
Deste xeito esta normativa aplicarase só a aqueles traballadoras/es que desenvolvan a modalidade de teletraballo con regularidade e non de forma ocasional. Entenderase como ‘’regular’’ cando a modalidade de teletraballo ocupe o 30% da xornada nun período de 3 meses, ou a porcentaxe proporcional equivalente en función da duración do contrato de traballo.
ACLARACIÓNS CONCEPTUAIS segundo o Real Decreto:
- Traballo a distancia: o que se presta no domicilio da persoa traballadora ou no lugar elixido por esta, durante toda a súa xornada ou parte dela, con carácter regular.
- Teletraballo: o que se leva a cabo mediante o uso exclusivo ou prevalecente de medios e sistemas informáticos, telemáticos e de telecomunicacións.
- Traballo Presencial: aquel que se presta no centro de traballo ou no lugar determinado pola empresa.
LIMITACIÓNS AO TRABALLO A DISTANCIA
En contratos celebrados con menores e en contratos en prácticas e para a formación e o aprendizaxe, ten que garantirse como mínimo, un porcentaxe do 50 % de prestación de servizos presenciais.
VOLUNTARIEDADE DO TRABALLO A DISTANCIA E O ACORDO DE TRABALLO A DISTNACIA.
O traballo a distancia será voluntario e reversible. O traballo a distancia será unha decisión voluntaria por parte da persoa traballadora e a empresa. Se a persoa traballadora non se adaptase a esta modalidade ou a rexeitase, isto non podería ser causa de despedimento. Ademais, poderíase volver ao traballo presencial, debido ao carácter reversible desta modalidade, segundo a norma, conservando as condicións previas.
O acordo de traballo a distancia deberá realizarse por escrito. Un dos requisitos que fixa a Lei do Teletraballo é a sinatura dun documento, o acordo de traballo a distancia onde se especificarán as características do traballo a distancia en cada caso. Neste texto deberá aparecer o inventario dos medios e ferramentas necesarios para o seu desempeño, a enumeración dos gastos nos que incorra o traballador/a e como se compensará, o horario, o centro de traballo, os prazos de aviso previo/previo aviso de reversibilidade, formas e medios de control da empresa, entre outros. Este acordo asinarase antes de que se empezo a teletraballar e terá que contar co visto e prace de todas as partes, representación dos traballadores e empresa.
DEREITOS DAS PERSOAS QUE REALIZAN TRABALLO A DISTANCIA
As persoas que realizan teletraballo terán:
• Os mesmos dereitos que se prestasen os seus servizos no centro de traballo da empresa, e non poderán sufrir prexuízo algún nin modificación nas condicións pactadas.
• Os mesmos dereitos que as persoas traballadoras presenciais en materia de conciliación e corresponsabilidade.
• Dereito á formación nas mesmas condicións que as persoas traballadoras presenciais.
• Dereito á promoción profesional, nos mesmos termos que as que prestan servizos de forma presencial.
• Dereito á dotación e mantemento axeitado dos medios, equipos e ferramentas necesarios para o desenvolvemento da actividade, de conformidade co inventario incorporado ao acordo subscrito.
• Dereito ao abono e compensación dos gastos relacionados cos equipos, ferramentas e medios vinculados ao desenvolvemento da actividade laboral.
• Dereito a flexibilizar o horario de prestación de servizos.
• Dereito ao rexistro horario.
• Dereito a axeitada protección en materia de seguridade e saúdo no traballo.
• Dereito á desconexión dixital. Un dos riscos en canto á saúde do teletraballo ten que ver coa dificultade para a desconexión. A facilidade para estar permanentemente dispoñible que ofrecen as comunicacións dixitais confrontan coa conciliación e a vida persoal. A lei permite limitar a comunicación por medios tecnolóxicos por parte da empresa ao traballador.
• Dereito a exercitar os seus dereitos e natureza colectiva co mesmo contido e alcance que o resto de persoas traballadoras adscritas ao centro.
* esta lei non será de aplicación para todas aquelas persoas que estean teletraballando neste momento. Aquelas empresas que optaron por esta modalidade de traballo obrigadas pola crise sanitaria non terán que acollerse a esta medida. Seguirán a normativa laboral ordinaria que tamén contempla que a empresa asume os gastos derivados do traballo a distancia, aínda que, nin na anterior nin nesta defínense que tipo de gastos cóbrense e cales non deixando a porta aberta á negociación colectiva ou, na súa falta, ao litixio.